Igual que Miguel Angel ó rematar a capela Sistina ou Milo coa súa Venus,así me sentín eu o pasado domingo ó realizar a ruta do Camiño Real na compaña de tanta xente.
Pois para min foi agradábel ver a 90 persoas camiñando unhas tras doutras con direción cara a Mondoñedo.
O día espertou claro e sen nubes a vista, as 9 coma un cravo, alí estabamos (esta vez menos que en outras ocasións) esperando a Os Sendeiros de Foz e máis a Abrindo Camiño de Mondoñedo, para iniciar a nosa ruta.
Ó pouco de comezar xa tivemos a primeira baixa, pois unha persoa do grupo de Mondoñedo lesionouse o pasar pola Castellana: esquivando unhas poceiras tropezou cunhas ramas é caeu de nocellos no chan rematando así para ela a camiñata.
O resto do grupo seguiu: uns en parella e outros en grupo parolando das súas cousas facendo máis levadeiro o día .
Pasamos o castelo de Pardo de Cela e dende alí tiñamos unha vista de toda a xente (parecía unha serpe multicolor) algúns pararon a beber outros seguiron camiñando.
Polo arredor das 11 detivémonos a tomar algo, uns un bocadillo outros froita ou incluso chocolate ou galletas.
Despois desta parada o noso grupo separouse, pois algún tomouno coma unha competición para ver quen chegaba antes.
Pasamos a cruz que hai no monte (que segundo conta a xente do lugar, esta alí porque foi onde mataron a unha moza que viña dende O Valadouro ata Mondoñedo), baixamos ata Couboeira e alí fixemos outra parada co fin de coller folgos para subir a costa que tiñamos por diante.
O chegar a Ferrería máis concretamente á capela de San Ramón algúns tocamos a misa (con accidente incluído) pero non tiñamos feligreses. Máis adiante na fonte de Millarado bebemos (que por certo a auga esta ben fría e ten bo sabor) e algún esperamos ó resto do grupo.
Xa chegando a Mondoñedo puxese a chover e tivo que vir o autobús por nós .
Rematamos o día xantando en Ferreira, café, chupitos e incluso partida de tute, dende alí cada un para súa casa.
Quen sabe o mellor un día facemos o Camiño Real cara a Viveiro
Angel Rivas
viernes, 20 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario