viernes, 20 de marzo de 2009

Cronica

Igual que Miguel Angel ó rematar a capela Sistina ou Milo coa súa Venus,así me sentín eu o pasado domingo ó realizar a ruta do Camiño Real na compaña de tanta xente.
Pois para min foi agradábel ver a 90 persoas camiñando unhas tras doutras con direción cara a Mondoñedo.
O día espertou claro e sen nubes a vista, as 9 coma un cravo, alí estabamos (esta vez menos que en outras ocasións) esperando a Os Sendeiros de Foz e máis a Abrindo Camiño de Mondoñedo, para iniciar a nosa ruta.
Ó pouco de comezar xa tivemos a primeira baixa, pois unha persoa do grupo de Mondoñedo lesionouse o pasar pola Castellana: esquivando unhas poceiras tropezou cunhas ramas é caeu de nocellos no chan rematando así para ela a camiñata.
O resto do grupo seguiu: uns en parella e outros en grupo parolando das súas cousas facendo máis levadeiro o día .
Pasamos o castelo de Pardo de Cela e dende alí tiñamos unha vista de toda a xente (parecía unha serpe multicolor) algúns pararon a beber outros seguiron camiñando.
Polo arredor das 11 detivémonos a tomar algo, uns un bocadillo outros froita ou incluso chocolate ou galletas.
Despois desta parada o noso grupo separouse, pois algún tomouno coma unha competición para ver quen chegaba antes.
Pasamos a cruz que hai no monte (que segundo conta a xente do lugar, esta alí porque foi onde mataron a unha moza que viña dende O Valadouro ata Mondoñedo), baixamos ata Couboeira e alí fixemos outra parada co fin de coller folgos para subir a costa que tiñamos por diante.
O chegar a Ferrería máis concretamente á capela de San Ramón algúns tocamos a misa (con accidente incluído) pero non tiñamos feligreses. Máis adiante na fonte de Millarado bebemos (que por certo a auga esta ben fría e ten bo sabor) e algún esperamos ó resto do grupo.
Xa chegando a Mondoñedo puxese a chover e tivo que vir o autobús por nós .
Rematamos o día xantando en Ferreira, café, chupitos e incluso partida de tute, dende alí cada un para súa casa.

Quen sabe o mellor un día facemos o Camiño Real cara a Viveiro

Angel Rivas

Descrición da ruta

A ruta do camiño real (chamada así porque discorre na súa maior parte polo antigo camiño do mesmo nome) foi creada por paso miúdo para facer un enlace co camiño de Santiago o seu paso por Mondoñedo.

Saímos dende a casa da cultura de O Valadouro e dirixímonos pola avenida da veiga en dirección a castellana pasamos por acevedo, a capela do San Caetano e saímos a estrada que vai a Mondoñedo. A cen metros collemos un desvío a dereita logo seguimos por unha pista ata a ponte do frenazo cruzámola estrada e subimos en dirección o castelo de pardo de cela, baixamos ata o pazo de basanta e volvemos a saír a estrada a cincuenta metros collemos un desvío a esquerda cruzamos a estrada un par de veces mais pasámolo alto do pouso e baixamos ata a campa seguimos por unha pista de area cruzamos a estrada outra vez e subimos dende coubueira ata viólalle pasamos o coto da recadeira e xa estamos en san lázaro onde nos xuntamos co camiño norte.

As sinais son as seguintes

Dificultade media/baixa
Distancia 22km